06/03/14

A Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello convoca unha concentración o próximo sábado día 8 ás 13.00 horas na Praza Vella.

COMUNICADO
6 de Marzo do 2014

A Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello convoca unha concentración o próximo sábado día 8 ás 13.00 horas na Praza Vella. (É importante acudir CON CASCO)


En solidaridade cos veciños desaloxados das súas vivendas da rúa Carme Curuxeiras hai case xa dous meses e tamén para denunciar o abandono ao que as administracións públicas, tanto Xunta de Galicia coma o Concello de Ferrol, someten ao barrio de Ferrol Vello. 
A convocatoria faise extensiva á toda a cidadanía da Comarca, sensibilizada con este problema.

Os acontecementos da última semana, coa caída da medianeira da casa natal de Carvalho Calero, fan aínda máis necesaria esta convocatoria. 
Dende a súa adquisición hai agora tres anos o Concello de Ferrol non foi quen de mantela en axeitadas condicións de seguridade e estabilidade, incumprindo así os deberes que lle son esixibles como propietario.

Ademáis foi incapaz de iniciar a súa prevista rehabilitación con fondos Urban, o que é mostra tanto dunha nula responsabilidade na xestión destes fondos públicos (que moi probablemente vanse perder) como dunha absoluta falta de vontade política na mellora do barrio e na recuperación dunha parte importante da historia da cidade.

A concentración tamén ben motivada por que se van cumprir dous meses dende que foran desaloxados os veciños da rúa Carme Curuxeiras das súas vivendas.

Dende a Comisión Cidadá consideramos que o seu desaloxo tamén é en parte consecuencia da falta de eficacia do Concello de Ferrol á hora de esixirlles aos propietarios dos inmobles e solares o deber de edificar e rehabilitar, permitindo así o abandono das propiedades, o que termina sendo prexudicial para os inmobles lindantes. 
Tal é o caso dos inmobles desaloxados na rúa Carme Curuxeiras, rodeados de propiedades abandonadas polos seus donos dende hai anos, sen que o Concello de Ferrol adoptase medidas eficaces para obrigar á súa rehabilitación.

Facemos esta convocatoria extensiva a toda a cidadanía de Ferrol, pois consideramos que parar o desleixe e destrucción do patrimonio do barrio no que nasceu esta cidade é responsabilidade de todos.
Por último, aconsellamos aos veciños e veciñas que se acheguen á concentración o vindeiro sábado traigan un casco a fin de garantir unhas mínimas condicións de seguridade durante o acto, se ben a organización porá cascos a disposición dos asistentes que non o traigan.



1 comentario:

  1. COS VECIÑOS DE FERROL VELLO, CONTRA A ESPECULACÓN MAIS NECIA E BRUTAL XAMAIS VISTA.
    O CORAZÓN POPULAR DE FERROL AO FINAL SERA UNHA ENTELEQUIA PRA CLASES ALTAS, ESPECULADORES E DEMAIS, A XENTE QUE HABITOU O BARRIO SE VE EXPULSADA UNHA E OUTRA VOLTA SEN PIEDAD.
    RUINAS E MISERIA CONVERTIDAS EN OURO PRA CATRO.

    ResponderEliminar